TERCEIRO TROFEO DE PESCA MAR-COSTA FESTAS DO ROSARIO
11 DE OUTUBRO DE 2009
REGULAMENTO
ORGANIZACION
O Club SALMO de pesca deportiva de A Coruña baixo o patrocinio de Excmo.
Concello de A Coruña e a autorización da Federación Galega de Pesca, organiza
este terceiro concurso de pesca mar-costa.
PARTICIPACION
Poderán tomar parte neste concurso todos os pescadores/as con licenza de pesca
e federativa en vigor.
Categoría: individual
Modalidad: pesca marítima al lanzado e corcheo
INSCRIPCION
Efectuarase ata as 20 horas do día 9 de Outubro no noso local social, por correo
electrónico, por teléfono ou nas tendas colaboradoras.
A cota de inscripción individual e de 30 €
DESENVOLVEMENTO DA PROBA
8:00 horas Concentración no club SALMO, sito na ctra. de Circunvalación 14
(zona de As Lagoas do Paseo Marítimo) A Coruña. Recollida de
documentación.
8:30 Saida para a zona de pesca.
8:45 Comezo da proba.
14:00 Fin da proba.
14:15 Deberán estar todos os pescadores/as nos puntos de recollida,
aparcamento da Torre de Hércules e Milenium, coa bolsa de
capturas e o número de participante correspondente.
14:30 Inicio da pesaxe- no Club Náutico na Dársena de A Coruña.
Posterior publicación de resultados, lunch e entrega de premios nas
instalacions do Naútico.
Unha vez establecida a clasificación concédese un prazo de 15
minutos para presentar as oportunas reclamacións se as houbese.
PUNTUACIONS
A Robaliza: 10 puntos por gramo
B Sargos, pargos e douradas: 8 puntos por gramo
C Outras especies: 5 puntos por gramo
D Bogas, e agullas: 1 punto por gramo
E Congro: Un por pescador de mínimo 2kg = 1000 puntos
Terán validez as pezas que superen a medida regulamentaria establecida pola
Consellería de pesca. Os múxeles non valen e tampouco as xardas por estar en
veda.
As capturas serán doadas a unha entidade benéfica.
LUGAR DO CONCURSO
Celebrarase entre a praia de Santo Amaro e o Portiño.
A zona de pesca será libre dentro dos límites fixados, excluídas as praias.
Ningún pescador/a poderá ausentarse da zona de pesca sen previo aviso aos
comisarios e exhibirá en todo momento o dorsal, a vulneración de esta norma supon
a descalificación.
Non se permite o cebado das augas.
Soamente se poderá utilizar unha cana en acción de pesca co máximo de 3 anzois
por aparello.
O cebo a empregar e libre.
CLASIFICACION
Individual por maior número de puntos.
No caso de empate decidirase por maior número de capturas.
A peza maior non quedará excluida da clasificación por puntos, polo tanto contará
para a clasificación individual (quedará deserto o premio se non supera 1kg de
peso).
El hecho de participar implica la aceptación de todas y cada una de las normas
establecidas.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil para os participantes
durante a proba.
PREMIOS
Entregarase premio aos 10 primeiros clasificados/as e a peza maior, unha vez
terminada a entrega dos premios procederase ao sorteo de material deportivo.
PATROCINADOR

ORGANIZADOR

COLABORADORES
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|



